APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Convocatoria de axudas para...

Axudas_para_a_promocion_e_consolidacion_do_emprego_autonomo_1_

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA AS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN E DO PROGRAMA II AS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO INICIATIVAS LOCAIS DE EMRPEGO DE BASE TECNOLÓXICA

Entidades beneficiarias

1. As empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

2. As empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

*Nota: Este recoñecemento precisa dun informe por parte do Concello da Estrada. Podes consultarnos no 986 677 740 ou986 570 030 ( ext. 4226)

3. As persoas promotoras para a axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para a formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I.

Ligazón do procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR807I

Prazo de presentación: finalizará o 31 de xullo de 2018

Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E)

Ligazón do procedemento:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR340E&lang=es

Prazo de presentación: finalizará o 1 de outubro de 2018


Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180126/AnuncioG0424-291217-0006_gl.pdf

  • Axudas_para_a_promocion_e_consolidacion_do_emprego_autonomo_1_