APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Vii congreso do traballador...

VII CONGRESO DO TRABALLADOR AUTÓNOMO

O  sábado 7 de novembro de 2015 celebrouse na cidade de Pontevedra a séptima edición do congreso rexional de traballadores autónomos.

Este evento tivo lugar no Hotel Galicia Palace e acolleu a un total de 250  invitados. Entre estes, atopábanse  representantes de Institucións e de Asociacións de Empresarios, así como empresarios e traballadores autónomos de toda Galicia. O obxectivo primordial deste evento é reunir a autónomos e entidades representantes de autónomos para analizar a situación deste colectivo, poñer ideas en común e trazar unha liña de traballo para acadaro os obxectivos plantexados.

No acto de apertura, participaron Os Directivos da Asociación e as Autoridades presentes:

      - José Ramón Caldas Martínez, Presidente de APE Galicia

      - Anabel Gulías, Concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra        

      - Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra

Fíxose entrega dos galardóns “Autónomos Distinguidos 2015” aos seguintes traballadores autónomos e empresarios:

- Antonio Costas Rodas, Motofan

- José María Rodríguez, Grupo Recalvi

- Antonio Muiños Sedano, Xoiaría Muiños

- Elena Camiño Márquez, Mariscadora da Confraría de Raxó

- Adolfo Meijide, Autocares Meijide

- Jorge Varela, Gruas Varela- Celanova Motor

- Emilio Lago Rey, Aves Lago

- Manuel Riobó, Riobó Consulting

- Ana Prego,  Asesoría Prego Ferrol

- Alberto García, Mesón Alberto en Lugo

- Rosa Cordeiro, Norquality Xestores

 A  través da entrega destes galardóns trátase de homenaxear a estes autónomos que loitan cada día para levar as súas empresas cara diante. Dende APE tamén valoramos a influencia de cada unha destas empresas no seu entorno e o número de empregos que crean, así como tamén intentamos premiar  a existencia dun relevo xeracional que convirta a cada unha destas empresas nun pedazo de historia de cada vila na que se ubican.

Ademáis destes galardóns se entregaron duas mencións especiais, a primeira de ela a BRILAT, a través da cal quixemos premiar o impulso na actividade económica que xenera a Brigada na Cidade de Pontevedra e a súa comarca. Este Galardón foi recolido polo Xeneral Xefe D Luis Cebrian Carbonel e  o Xefe do Estado Maior da Brigada D José María Leira Neira.

A segunda das mencións especiais foi a ESTRELLA GALICIA pola súa continua colaboración cos autónomos adicados a hostelería o facilitarlles enseres que lle permitan ó empresario aforrar en inversión e  ter un aspecto moderno e actual nos seus establecementos, ademáis de aportarlle unha imaxe de marca de calidade coñecida por todo o mundo.

Tras a entrega de tódolos galardóns, D Miguel Ángel Blanco, Presidente de CIAE realizou unha análise pormenorizada dos cambios que afectan ó colectivo autónomo. Analizou o efecto que teñen sobre a economía dos autónomos aspectos como a morosidade, a lei de mutuas ou a fiscalidade e a economía sumerxida. 

Para rematar o congreso, Doña Lucía Molares, Directora Xeral do SEPES realizou o peche do Congreso.



  • _mg_6210_jpg
  • _mg_6217_jpg
  • _mg_6228_jpg
  • _mg_6232_jpg
  • _mg_6277_jpg
  • _mg_6271_jpg
  • _mg_6264_jpg
  • _mg_6259_jpg
  • _mg_6257_jpg
  • _mg_6255_jpg
  • _mg_6253_jpg
  • _mg_6251_jpg
  • _mg_6248_jpg
  • _mg_6246_jpg
  • _mg_6245_jpg
  • _mg_6243_jpg
  • _mg_6242_jpg
  • _mg_6239_jpg
  • _mg_6212_jpg
  • _mg_6277_jpg
  • _mg_6281_jpg
  • _mg_6299_jpg