APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » O sistema nacional de garan...

O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

 A Asociación ten coma principais obxectivos apoiar ó colectivo de traballadores autónomos a través da xestión e defensa dos seus intereses nas súas relacións coas Administracións Públicas e outros axentes económico-sociais, a formación continua para mellorar a empregabilidade e o impulso do emprendemento como medida de incorporación o mercado laboral dos xoves.

Para o logro destes fins, e en consonancia cos Obxectivos da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven 2013/2016 marcada polo Ministerio de Emprego e Seguridade social, queremos traballar para mellorar a empregabilidade dos xoves, fomentar o espíritu emprendedor e dar a coñecer os estímulos a contratación existentes .

Para esto  plantexamos a realización de forma conxunta e coordinada coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social de catro xornadas formativas denominadas “Coñece o Sistema de Garantía xuvenil”.

 Os obxectivos principais serán:

·         Dar a coñecer os xoves o funcionamento do  Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tanto a xoves como a empresas

·         Mostrar os obxetivos que se persiguen

·         Identificar os perfís dos beneficiarios e a forma de acceder a este sistema.

·         Mostrar as ventaxas que ofrece este sistema: formación, orientación, estímulos a contratación, etc.

·         Mostrar as vías para lograr unha mellora da empregabilidade que ofrece o sistema.

·         Mostrar as axudas para a  inserción no mercado laboral

·         Mostar os beneficios existentes para os emprendedores

En canto a organización destas actividades, consideramos que debemos traballar de forma conxunta entre APE Galicia e a  Dirección Xeral de Traballo e Economía social para dar a coñecer o funcionamento do  Sistema Nacional de Garantía Xuvenil  e sacarlle o máximo partido a unha ferramenta deseñada dende o Goberno central co obxectivo de disminuir o desemprego xuvenil.

            Os destinatarios destas xornadas serán

·         Xoves activos desocupados sen emprego anterior ou con experiencia menor a 3 meses

·         Xoves activos desocupados que remataron a formación e non atopan unha primeira experiencia laboral.

·         Xoves activos ocupados subempregados.

·         Empresarios e autónomos interesados en coñecer o funcionamento do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e os beneficios da contratación dos inscritos nel.

Os lugares e as datas de celebración destas actividades son as seguintes:

- Lugo: Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos, APREVAR, mércores 30 de setembro ás 11,30h.

-  Pontevedra: Aula de Formación de Ape Galicia, xoves 8 de outubro ás 19.00 h.

-  A Coruña: Asociación de Empresarias de A Coruña, AECO, mércores 14 de outubro ás 19.30 h.

- Ourense: Asociación Centro Comercial Aberto Ourense Norte, xoves 15 de outubro.


Podedes solicitar información a través do email info@apegalicia.es e do teléfono 986891657.