APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » SubvenciÓns para o fomento ...

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO SECTOR ARTESANAL

A Consellería de Economía e Industria publicou o 14 de agosto as bases para as Axudas a  promoción do Sector Artesano Galego.
A través delas apoiarase ós talleres artesanales, axuntamentos e asociacións profesionales e empresariais de artesanos.
Esta axuda será adxudicada en réxime de concurrencia competitiva e será financiada no 80% polo FSE.
Serán financiables os gastos de infraestructura, servizos e publicidade para a participación en ferias de artesanía.

1) Para titulares de obradoiros artesanais. Consideránse actuacións subvencionables:
 a) A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se celebren nos mercados nacionais ou internacionais. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
 c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms. A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.
 Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a), serán subvencionables, ademais, os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.
 O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar 7.000,00 euros, IVE excluído.

2) Para concellos. Consideránse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras de artesanía:
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non alcancen o 80 % de expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira. Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade. O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar 15.000 euros.

 3) Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns. Consideránse actuacións subvencionables:
a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma, de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, e conten cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame. Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade. O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.
 b) Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira. Son gastos subvencionables os que ocasione o aluger do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira, así como os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo. O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150814/AnuncioCA04-060815-0003_gl.pdf