APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axuda para a promociÓn do e...

Saber_si_soy_emprendedor

AXUDA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO PARA PERSOAS NOVAS INCRITAS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG do 19 de agosto as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil. Os candidatos terán ata o 30 de setembro para presentar as súas solicitudes e poderán obtar entre 7.500€ e 10.000€ xustificando unha inversión de 2.000€, quedando obrigados a manter a actividade, a lo menos, durante dous anos.

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) Non ter traballado nos trinta (30) días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.

c) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

d) Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Se no momento da solicitude da subvención a persoa non tivese solicitada a alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, terase en conta a data de presentación da solicitude de subvención.

e) Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivese de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores.

 

A persoas traballadora autónoma ou por conta propia poderá ser beneficiaria das axudas deste programa cando forme parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que a solicite a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

Non poderán obter a condición de beneficiarios do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007

 

SUBVENCIÓN PARA INICIATIVAS DE AUTOEMPREGO XUVENIL.REQUISITOS E CUANTÍA

 Co obxecto de axudar as persoas novas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e así, polo tanto, facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselles unha subvención a fondo perdido ás persoas que soliciten a alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade profesional, desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.

A contía desta subvención será de 1.200 euros.

É requisito para optar a esta axuda ter solicitado a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

 

SUBVENCIÓN POLO ESTABLECEMENTO COMO PERSOA TRABALLADORA AUTONOMA OU POR CONTA PROPIA

 

Poderáselle conceder á persoa nova inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, para a posta en marcha do seu proxecto empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 2.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade laboral e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2015.

No caso da persoa física que estea incluída no réxime especial de recarga de equivalencia, regulado nos artigos 148 e seguintes da Lei do IVE (Lei 37/1992, do 28 de decembro), o IVE non é susceptible de recuperación, polo que se deberá ter en conta para o cumprimento do requisito de investimento mínimo.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 2.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

As contías desta subvención serán as seguintes:

A. 7.500 euros a persoa nova.

B. 10.000 euros cando a persoa beneficiaria sexa una persoa nova con discapacidade ou pertencente a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social.

A contía prevista na letra A incrementarase en 500 euros para as mulleres novas.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados e deberase xuntar o orixinal, copia compulsada ou copia cotexada da seguinte documentación:

1. Documentación común para todas as modalidades de axudas:

a) Autorización á Consellería de Traballo e Benestar, segundo modelo anexo I, para a consulta dos datos de identidade, DNI ou NIE. No caso de non prestar esta autorización, a persoa solicitante ou o representante deberá achegar o DNI o NIE.

No caso dunha comunidade de bens ou sociedade civil, NIF da entidade, só no caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente na solicitude a súa comprobación por medio de acceso telemático a este dato.

Escritura de constitución da comunidade de bens ou sociedade civil.

Cando se actúe mediante representación, esta atribución expresa acreditarase por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, e deberase achegar declaración ante un notario ou secretario municipal, e esta adquirirá a categoría de documento público. Poderá ser substituída por declaración en comparecencia persoal do representado ante o órgano xestor.

b) Plan de viabilidade do proxecto empresarial, que contará como mínimo:

– Curriculum vitae da persoa solicitante.

– Presentación e descrición do proxecto empresarial, liñas de negocio, produtos e servizos, elementos innovadores ou diferenciadores.

– Análise do mercado, onde se vai desenvolver a actividade. Deberá constar: análise da competencia, da demanda e proveedores, así como unha análise das fortalezas e debilidades.

– Balance provisional de ingresos e gastos dos tres primeiros exercicios económicos.

– Fontes de financiamento alleas á subvención solicitada.

Este plan estará informado por entidade independente entre as cales figuran a Unidade Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

 

2. Documentación específica:

a) Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil.

– Documentos de solicitude e resolución de recoñecemento de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No caso de tramitación telemática da alta, presentarase o documento de resolución de recoñecemento de alta.

– Alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

– Alta no imposto de actividades económicas, só no caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente na solicitude a súa comprobación por medio de acceso telemático a este dato.

– De ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.

 

b) Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia:

– Documentación acreditativa da pertenza ao colectivo polo cal se opta.

– Listaxe asinada coa relación dos investimentos, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas en firme ou pro forma, orzamentos e demais documentos xustificativos do investimento realizado ou que se vai a realizar e da axuda concedida, segundo o modelo do anexo II desta orde.

– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos activos que se vaian ter en conta para acreditar o requisito do investimento que se vaia realizar de acordo co plan empresarial.

– No suposto de adquisición de vehículos comerciais ou industriais (furgóns, camións ou vehículos mixtos), tarxeta de ITV onde figure esta clasificación.

– Se a persoa solicitante na data de presentación da solicitude de axuda xa solicitou á alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, deberá xuntar:

1) Documentos de solicitude e resolución de recoñecemento de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No caso de tramitación telemática da alta, presentarase o documento de resolución de recoñecemento de alta.

2) Alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

3) Alta no imposto de actividades económicas, só no caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente na solicitude a súa comprobación por medio de acceso telemático a este dato.

4) De ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional, con indicación dos períodos de alta nela.

 

XUSTIFICACIÓN

O período de xustificación é o establecido na resolución de concesión e finaliza, en todo caso, o 20 de decembro de 2015.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as obrigas de facturación, e deberán estar emitidas e con data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2015.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberase acreditar a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

O pagamento das axudas quedará condicionado á presentación do orixinal, copia compulsada ou cotexada, no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de concesión, da documentación común e específica que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a relacionada nos puntos seguintes:

A. Documentación xeral:

a) Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda.

b) Declaración do conxunto das axudas solicitadas, (segundo o modelo do anexo III).

c) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes aos que se refiren os anexos I e II do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web do Programa operativo de emprego xuvenil (http://garantiaxuvenil.xunta.es).

d) De non achegarse con anterioridade, deberá xuntar:

d.1) Documentos de solicitude e resolución de recoñecemento de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda. No caso de tramitación telemática da alta, presentarase o documento de resolución de recoñecemento de alta.

d.2) Alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

d.3) Alta no imposto de actividades económicas, só no caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente na solicitude a súa comprobación por medio de acceso telemático a este dato.

d.4) De ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.

En todos os casos, a documentación acreditativa (fotografías ou documentos equivalentes) do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 17, letra j) desta orde.

B. Documentación específica para a subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia:

a) Listaxe asinada coa relación dos investimentos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas e demais documentos xustificativos do investimento realizado e da axuda concedida, segundo o modelo do anexo II desta orde.

b) Facturas xustificativas da realización do investimento e documento bancario acreditativo do seu pagamento. No caso das sociedades civís e comunidades de bens as facturas deberán vir a nome delas.

6. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación común ou específica exixida para a fase de pagamento poderase presentar xunto coa solicitude, á opción da persoa interesada.

7. As persoas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento sinalada neste artigo no prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá ser superior a quince (15) días hábiles.

8. Non se poderá realizar o pagamento da subvención mentres a persoa beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedora por resolución de reintegro.

 

OBRIGAS

a) Solicitar a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no prazo indicado na resolución de concesión.

b) Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo dun ano se se solicita a subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil e de dous anos se se solicita a subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.

No suposto de darse de baixa con anterioridade, deberá comunicar esta circunstancia ao órgano concedente no mes posterior a dita baixa. O incumprimento desta obriga de comunicación pola persoa beneficiaria comportará o reintegro da totalidade das axudas percibidas ao abeiro desta orde.

No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da actividade laboral como persoa traballadora autónoma a que se refire o parágrafo anterior, as persoas beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refiren os anexos I e II do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, segundo o modelo que estará á súa disposición na páxina web do Programa operativo de emprego xuvenil (http://garantiaxuvenil.xunta.es). A Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalicen os citados períodos de mantemento da actividade laboral, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. A información obtida será posta en coñecemento da rede de técnicos de orientación laboral específicos do Servizo Público de Emprego de Galicia polos mecanismos de coordinación que se determinen, para os efectos dun mellor cumprimento dos obxectivos do Sistema nacional de garantía xuvenil.

c) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

d) Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade e que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de execución e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (CE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

e) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Traballo e Benestar, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do FSE, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas ou Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Estar ao día das súas obrigas tributarias

h) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

i) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será publicada no Diario Oficial de Galicia.

j) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, así como adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo e Benestar. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao Fondo Social Europeo nos lugares de realización da actuación. Informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de disponer dela, sobre o proxecto e a axuda financieira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

k) Informar a persoa beneficiaria, no caso de ser unha entidade xurídica, de que a aceptación da axuda comunitaria do Fondo Social Europeo implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das persoas ou entidades beneficiarias, das operacións e a cantidade de fondos públicos asignada a cada operación que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2 d) do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, así como a outra información recollida no anexo XII en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

m) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

 

INCOMPATIBILIDADES

 1. A subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil é incompatible coa subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia

2. As subvencións establecidas neste programa son incompatibles coas establecidas nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade, convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.

Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino convocadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como con outras que, polos mesmos conceptos.