APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Nova rebaixa do irpf

Nova rebaixa do IRPF

CAMBIOS NAS TARIFAS DO IRPF

O Consello de Ministros aprobou este 10 de Xuño a nova tarifa do IRPF que terá efectos desde o 1 de xaneiro até o 31 de decembro de 2015. A nova estrutura do IRPF contempla que o tipo mínimo do imposto baixe do 20% ao 19,5%. E, o máximo, redúcese do 47% ao 46%. Nos tramos intermedios, a redución tamén se move entre medio punto e un punto.

As empresas deberán recalcular a retención que lle corresponde a cada traballador coa nova tarifa e, tendo en conta o xa abonado entre xaneiro e xuño, fixar os novos tipos. Por exemplo, para un soldo medio, que segundo o INE atópase en 22.697 euros, a rebaixa do IRPF supón elevar o soldo neto en 70 euros ao ano. A empresa debe establecer os tipos que correspondan para xerar este aforro, que se prorrateará nos meses que restan até decembro.

E os AUTÓNOMOS?

A partir do 1 de Xullo de 2015, o % de IRPF que teñen que aplicar os traballadores autónomos baixa do 19% ao 15%. Segundo os cálculos de Facenda, esta medida beneficiará a 800.000 autónomos e suporá unha inxección de liquidez de 350 millóns. Ademais, o real decreto tamén contempla que o tipo de retención do 9% que aplican os autónomos durante o tres primeiros anos de inicio dunha actividade redúzase ao 7%.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/07/11/