APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Visita dona marÍa dolores d...

VISITA DONA MARÍA DOLORES DE COSPEDAL A APE GALICIA

O pasado mércores 11 de Outubro recibimos a visita de Dona María Dolores de Cospedal, Secretaria Xeral do Partido Popular, na sede principal de APE Galicia sita na Praza de España, Pontevedra.

A Sra. Cospedal foi acompañada de D. Alfonso Rueda Valenzuela, Secretario Xeral do Partido Popular en Galicia, D. Jacobo Moreira e Dna. Pilar Rojo, candidatos ó Parlamento de Galicia, e D. Rafael Louzán, Presidente do Partido Popular en Pontevedra.

Asistiron  a este evento representantes de distintas Asociacións coma ATRA, AEMPE, Pontevedra Zona Monumental, AJE, Poiomar, FONCALOR, FECIMO, AER, Asociación de Peluqueras de Señoras de Pontevedra, Federación Galega de Autoescolas, ACEP, INSTALECTRA, AEDEZA, AEDRA TRAVEGA, CAMBADOS, Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó, ACEBA, APROIN, APROINPPA E FECA, e de recoñecidas empresas da zona.

Os asistentes ó evento expuxeron as súas preocupacións e propostas ós políticos da mesa, coma os problemas da economía somerxida e o intrusismo profesional, a venda ilegal na rúa, a disparidade de regulacións autonómicas que supoñen que determinados profesionais non poidan traballar fora de Galicia, ou a suba do IVE do 8% ó 21% en sectores coma a perruquería ou as autoescolas, declarando que esperan que esta suba sexa transitoria e vinculada unicamente á actual situación económica.

Tamén houbo recoñecementos e boas palabras para as actuacións que está levando a cabo a Xunta de Galicia, coma que se recoñezan e paguen as facturas en tempo.

Ó final do evento, entregouse un recordo a Dna. María Dolores de Cospedal.

this is an image