APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA

Este documento estará en continúa revisión e actualización en función das novas evidencias das que se dispoña sobre o SARS-CoV-2.

Foi elaborado por un grupo de traballo composto por representantes do sector da hostalaría, expertos da comisión clínica e persoal da Consellería de Sanidade e da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe para mantemento do establecemento, e se anuncia a súa segunda convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU983F)

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que rexerá a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, ás axencias de viaxe para mantemento do establecemento e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021

Bases reguladoras e da convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (terceira edición) (código de procedemento TR320B).

É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (TR320B).

Subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural

Publicase hoxe 30 de agosto no DOG a ORDE do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).