APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de cursos » Cursos online de prevenciÓn...

Xestion_e_reducion_do_absentismo_laboral_na_era_covid_con_contidos

CURSOS ONLINE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORÁIS

O obxectivo principal da Prevención de Riscos Laborais é protexer ás persoas traballadoras dos posibles riscos que se puidesen derivar do seu traballo. co fin de evitar ou minimizar as causas dos accidentes e das enfermidades derivadas do mesmo. E este é, por tanto, o obxectivo principal dos catro CURSOS ONLINE GRATUÍTOS que desenvolverá APE Galicia durante o mes de setembro.

Estes cursos están dirixidos a persoas traballadoras autónomas,  traballadores/as en activo, desempregados/as, delegados/as de prevención…; e contan co financiamento da Xunta de Galicia.

Os catro cursos online e gratuítos que APE Galicia desenvolverá durante o mes de setembro, son os seguintes:

- ERGONOMÍA NA CONTORNA LABORAL
- RISCOS PSICOSOCIAIS E ESTRÉS LABORAL EN PANDEMIA
- SAUDE LABORAL, CONDICIÓNS DE TRABALLO E PRESPECTIVA DE XÉNERO
- XESTIÓN E REDUCCIÓN DO ABSENTISMO LABORAL NA ERA COVID

Os principais obxectivos destes cursos son:

- Contribuír a mellorar unha cultura preventiva entre os seus socios que evite os accidentes laborais en todos os sectores
- Sensibilizar das necesidades de aplicar políticas preventivas nas súas empresas que cubra os riscos psicosociais que conleva o risco de vivir e traballar en pandemia
- Aplicar a perspectiva de xénero á hora de expor a cultura preventiva de empresa @teniendo en cuenta as diferenzas entre xéneros
- Diminuír os riscos laborais en todos os sentidos nas empresas asociadas
- Fomentar hábitos de vida saudable que axuden a previr todo tipo de riscos
- Conseguir que a PRL intégrese na estratexia empresarial como un elemento esencial para alcanzar a obxectivos clave da organización, entre eles, mellorar a produtividade

A súa duración e de 10 horas, e as prazas son LIMITADAS.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN www.apegalicia.gal

  • Xestion_e_reducion_do_absentismo_laboral_na_era_covid_con_contidos
  • Sbtvzg_3_png
  • Riscos_psicosociais_e_estres_laboral_en_pandemia_con_contidos
  • Ergonomia_na_contorna_laboral_con_contidos