FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL (PROGRAMA APROL-ECONOMÍA SOCIAL)
A Consellería de Economía Emprego e Industria deseña o PROGRAMA APRO-ECONOMÍA SOCIAL para a facilitar a incorporación das persoas desempregadas ou traballadoras temporais como socios e socias traballadores e traballadoras ou de traballo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.
O programa dará impulso a proxectos empresariais colectivos e pora á disposición das persoas emprendedoras os recursos precisos para a posta en marcha dos proxectos a través de cinco programas:
Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas desempregadas, de traballadores e traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido.
Entidades beneficiarias e condicións para a obtención do incentivo
Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:
a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.
c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan.
Contía dos incentivos
A subvención prevista no artigo anterior terá as contías que se indican, por cada persoa que se incorpore a xornada completa:
a) 5.500 € con carácter xeral
b) Cando a persoa incorporada sexa unha muller: 7.000 €.
c) No caso de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social: 10.000 €.
As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación:
a) Un 15 % no caso de que o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
b) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil, ou un 50 % se esta é de nova creación.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial, nos termos previstos no artigo 23.2, a contía dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
A contía máxima que poderá ser concedida a unha beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 15.000 euros por persoa incorporada, ata un máximo de 50.000 euros por beneficiaria.
Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia
Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.
Este acceso facilitase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.
Persoas beneficiarias e condicións para obter a subvención:
1. As persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que, no momento da súa incorporación, cumpran algunha das condicións seguintes:
a) Seren persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Seren persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
c) Seren persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
d) Seren persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
e) Seren persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia.
3. As cooperativas e as sociedades laborais deberán acreditar o cumprimento das previsións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e da Lei 44/2015, do
Contía das subvencións
1. As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:
a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 30.1, letras a), b) c) e d), e no artigo 30.2:
– Ata 4.500 € con carácter xeral.
– Ata 5.000 € se a persoa incorporada é unha muller.
– Ata 6.000 € cando se trate dunha persoa con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión.
b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 30.1, letra e):
– Ata 2.250 € con carácter xeral.
– Ata 2.500 € se a persoa incorporada é unha muller.
– Ata 3.000 € cando se trate dunha persoa con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión.
2. As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación:
a) Un 15 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
b) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil, ou un 50 % se esta é de nova creación.
3. Cando a dedicación da persoa incorporada sexa a tempo parcial, a contía máxima dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
4. As contías referidas nos anteriores puntos en ningún caso poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais segundo o caso, pola súa incorporación. Para estes efectos, unicamente se terán en conta os importes desembolsados durante o período recollido na convocatoria para a subvencionabilidade do gasto. Así mesmo, no suposto previsto no artigo 30.1.e), a contía da subvención, sumada á que, de ser o caso, percibise a persoa beneficiaria con motivo da súa incorporación como socia a tempo parcial, non poderá superar as contías establecidas no artigo 31.1.a).
Programa III: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil
Este programa ten por obxecto o establecemento de incentivos para impulsar o autoemprego colectivo no marco dos programas de garantía xuvenil, fomentando a incorporación de mozos e mozas como socios e socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais.
Entidades beneficiarias e condicións para a obtención do incentivo
As cooperativas e as sociedades laborais que incorporen en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia mozos ou mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido ou a proba.
Contía dos incentivos
As subvencións previstas no artigo anterior terán as contías que se indican, por cada persoa que se incorpore a xornada completa:
a) Pola incorporación como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido:
a. Con carácter xeral: 12.000 €.
b. Se a persoa incorporada é muller: 13.500 €.
c. No caso de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social: 15.000 €.
b) Pola incorporación como persoas socias traballadoras ou de traballo a proba: 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses, por mozo ou moza incorporada.
As contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación:
a) Un 15 % no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural.
b) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.
3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, a contía dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
4. A contía máxima que poderá ser concedida a unha beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 18.000 euros por persoa incorporada, ata un máximo de 75.000 euros.
Programa IV: fomento do emprendemento colectivo, para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil
Este programa ten por obxecto o establecemento de incentivos para o fomento do emprendemento colectivo xuvenil, mediante a concesión de subvencións aos mozos e mozas inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
Mediante estas subvencións facilítase o acceso da mocidade á condición de persoas socias de cooperativas impulsando a posta en marcha da actividade emprendedora por conta propia.
Persoas beneficiarias e condicións para a obtención do incentivo
1. os mozos e mozas inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia que emprendan unha actividade por conta propia na Comunidade Autónoma de Galicia e se incorporen a unha cooperativa en condición de persoas socias, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.
Contía dos incentivos
As subvencións previstas no artigo anterior terán as contías que se indican:
a) Con carácter xeral: 8.000 €.
b) Cando a persoa incorporada sexa unha muller: 9.000 €.
c) No caso de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social: 12.000 €.
As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación:
a) Un 15 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
b) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil
Programa V: impulso de proxectos empresariais colectivos
Este programa de subvencións está dirixido a fomentar a economía social, concedendo subvencións que faciliten a posta en marcha dos proxectos empresariais, tanto de nova creación de cooperativas ou sociedades laborais como xerados polas existentes.
Entidades beneficiarias e condicións para a obtención da subvención
Poderanse acoller ás subvencións recollidas neste programa as cooperativas e sociedades laborais que realicen proxectos empresariais subvencionables.
Terán a consideración de proxectos empresariais subvencionables os seguintes:
a) Constitución de cooperativas ou sociedades laborais.
b) Transformación doutras fórmulas empresariais en cooperativas ou sociedades laborais.
c) Lanzamento de novas áreas funcionais ou territoriais de actividade das cooperativas ou sociedades laborais existentes.
2. A asistencia técnica para a realización das accións subvencionables deberá ser prestada por persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa solvencia profesional por medio de titulación académica oficial suficiente para a prestación do servizo. No caso de persoas xurídicas, a persoa posuidora da titulación deberá acreditar o seu vínculo coa entidade.
Contía da subvención
1. Poderá subvencionarse ata o 75 % dos gastos seguintes:
a) Elaboración de estudos de viabilidade, de comercialización, auditorías e outros informes de natureza análoga, necesarios para a posta en marcha dos proxectos empresariais, ata un máximo de 1.000 € cando integren menos de 10 persoas socias e ata un máximo de 2.000 € cando integren 10 persoas socias ou máis.
b) Elaboración dos estatutos sociais e regulamentos de réxime interno necesarios para a posta en marcha dos proxectos empresariais, ata un máximo de 1.000 €.
2. As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación:
a) Un 15 % no caso de que o novo proxecto supoña a apertura dun centro de traballo nun concello rural.
b) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil
O prazo de solicitude remata o 27 de agosto.
Podedes atopar as bases e os formularios para as solicitudes de axudas nos seguintes enlaces:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0424-040716-0012_gl.html
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=807D