APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas do programa emega pa...

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMENINO

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesora-mento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Poderán ser beneficiarias destas axudas  convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e  o 1 de agosto do 2016

 

Requisitos comúns a todas as liñas de axuda:

 a) Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena em­presa validamente constituída, baixo calquera forma xurídica.

b) A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

c) Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial, en Galicia.

d) As promotoras das empresas beneficiarias das axudas deben estar de alta no corres­pondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela.

f) A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financei­ra, o que deberá quedar reflectido no plan de negocio empresarial.

h) Non ter percibido axudas ao abeiro do programa Emega nos tres anos anteriores

 Os requisitos e condicións para seren beneficiarias deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período mínimo de permanencia da actividade e do mantemento dos postos de traballo (dous anos)

 Deberán acreditar a realización dun investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible. Nas liñas Emprende, Innova e Activa inversión superior a 1.000 euros e no caso da liña ITEF non inferior a 3.000 euros, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes susceptibles de recuperación ou compensación.

 O investimento mínimo terá que estar realizado e efectivamente pagado, como máxi­mo, na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

 

 Liña Emprende: requisitos específicos e contía dos incentivos

 a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 1 de agosto de 2016

b) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.

c) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas (polo menos un mes antes do inicio). No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprir­se como mínimo polo 50 % das promotoras.

d) A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 1 de agosto do 2016.

 No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustifica­ción da axuda(31/10/2016)

e) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se so­licita a axuda.

A contía dos incentivos:

a) Incentivo de 12.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora.

b) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mu­lleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

c) Incentivo de 20.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulle­res, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

d) Incentivo de 22.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

  

Liña Innova: requisitos específicos e contía dos incentivos

 

Poderán acollerse aos incentivos da liña Innova as empresas constituídas por mu­lleres que presenten un proxecto de mellora sempre que, ademais dos requisitos e condi­cións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta resolución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) realización efectiva da actividade empresarial de forma ininterrompida durante un mínimo de dous e un máximo de cinco anos na mesma actividade económica para a cal se proxec­ta a mellora.

b) O proxecto de mellora ten que supor a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller para o cal se exixa unha capacitación profesional media ou superior e cuxas funcións laborais estean vinculadas directamente ao desenvolvemento do proxecto de mellora e por un período mínimo de dous anos.

c) A alta na Seguridade Social da traballadora como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

d) O proxecto de mellora, cuxa estratexia de implementación debe recollerse no plan de negocio empresarial, deberá materializarse nalgunha das seguintes accións:

– Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos, ou mellora dos xa existentes.

– Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción ou distribución.

– Proxectos de diversificación de produción e/ou ofertas de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.

– Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos ou servizos innovadores ou de especial singularidade.

e) O proxecto de mellora ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

 

Contía dos incentivos:

a) Incentivo de 15.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo obrigatorio para unha muller.

b) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.

c) Incentivo de 20.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, dous postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para mulleres.

d) Incentivo de 22.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, tres ou máis postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para mulleres

 

 

Liña Activa: requisitos específicos e contía dos incentivos

Poderán acollerse aos incentivos da liña Activa as empresas constituídas por mu­lleres que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o necesario equilibrio empresarial sempre que, ademais dos requisitos e condi­cións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta resolución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes debe acreditarse un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial na mesma actividade económica para a cal se proxecta o plan de reactivación. Entenderase cum­prido este requisito cando existan períodos de inactividade que en total non superen os tres meses.

b) O proxecto de reactivación e consolidación deberá recollerse no plan de negocio em­presarial e ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de outubro de 2016

c) O plan de negocio empresarial deberá conter a definición do proxecto e deberá in­cluír, entre outros, o seguinte:

a) os aspectos que condicionan o seu funcionamento;

b) as necesidades que se deben cubrir a curto, medio e longo prazo para acadar o equilibrio empresarial e o mantemento do emprego;

c) as medidas de tipo estrutural, conxuntural, económicas, financeiras, tecnolóxicas, de cualificación de medios humanos, de ampliación ou renovación de produtos ou servizos, de localización, etc., necesarias para a reactiva­ción empresarial; d) o cadro de persoal;

e) a conta de resultados dos últimos tres anos de funcionamento.

d) Manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou por conta allea preexistentes na empresa.

e) A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traba­llo creados como consecuencia do proxecto de reactivación, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

 

 Cuantía:

 a) Incentivo de 6.000 euros ás empresas que manteñan o posto de traballo da promo­tora.

b) Incentivo de 12.000 euros ás empresas con dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

c) Incentivo de 15.000 euros ás empresas con tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

d) Incentivo de 18.000 euros ás empresas con catro ou máis postos de traballo para mu­lleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

 

 Liña ITEF: requisitos específicos e contía dos incentivos

Poderán acollerse aos incentivos da liña ITEF as empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía, constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta reso­lución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes  de agosto.

b) A actividade, proceso, produto ou servizo que vaian desenvolver debe ter un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de ele­mentos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.

c) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.

d) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprir­se como mínimo polo 50 % das promotoras.

e) A alta das promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mu­tualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 1 de agosto.

No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberán formalizarse, como máximo, ata a 31 de outubro de 2016.

f) Como mínimo, a promotora ou unha delas cando sexan varias debe ser unha persoa con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecno­loxía en que se basea a iniciativa empresarial. Ademais, en todo caso, ten que gardarse a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo creados.

g) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se so­licita a axuda.

 

 Contía:

a) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora.

b) Incentivo de 30.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mu­lleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

c) Incentivo de 40.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulle­res, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

d) Incentivo de 50.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

 

 

Concilia: obxecto, modalidades e contía dos incentivos

Concilia é unha axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF que ten por obxecto favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou profesio­nal, tanto das promotoras coma das persoas traballadoras incorporadas á empresa.

A modalidade Concilia-promotoras consiste nun incentivo de 3.000 euros por empre­sa, sempre que forme parte dela algunha promotora con fillas ou fillos menores de tres anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

A modalidade Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo de 1.000 euros por persoa traballadora por conta allea, cun máximo de 5.000 euros por empresa, sempre que se solicite expresamente e se opte por un dos seguintes supostos:

a) Formalización dun acordo ou pacto de conciliación para o persoal asalariado, coas persoas traballadoras para a implantación de novos sistemas de organización do traballo para favorecer a conciliación e a corresponsabilidade, que conteñan medidas que permitan unha maior adaptación dos tempos de traballo e a flexibilización horaria para as persoas traballadoras por conta allea.

b) Empresas que asinen acordos de teletraballo, formalizados de xeito individual, co persoal vinculado á empresa con contrato laboral.

Tanto os acordos ou pactos de conciliación coma os acordos individuais de teletra­ballo teñen que constar por escrito e estar formalizados, como máximo, na data do fin do prazo de xustificación da axuda, así como estar vixentes, cando menos dous anos.

                                                                                             
Dual: obxecto e contía do incentivo

Dual é unha axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización organizado pola Secre­taría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxec­tos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.

O dito programa consistirá nun máximo de cinco entrevistas persoais, individuais ou gru­pais, e comprenderá actuacións de orientación, asesoramento, acompañamento e titoriza­ción, así como de seguimento da iniciativa empresarial durante o proceso de implantación.

O incentivo da axuda Dual consiste nunha cantidade global de 500 euros por empresa.

Esta axuda só poderá concederse a aquelas empresas que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF ao abeiro desta con­vocatoria, sempre que se solicite expresamente e se asuma o compromiso de participar e completar o programa de titorización.

 


 Compatibilidade e concorrencia

 As liñas de axuda Emprende, Innova, Activa e ITEF son incompatibles entre si. Estes incentivos son compatibles coas axudas complementarias Dual e Concilia previstas nesta resolución.

 As axudas do programa Emega son incompatibles coas establecidas para a mesma finalidade e concepto nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de iniciativas de emprego, e de iniciativas de emprego de base tecnolóxica

 

Referencia lexislativa:

 

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160701/AnuncioG0244-160616-0003_gl.html