APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias

PROGRAMA EMEGA (PROCED. SI429A)

No DOG de hoxe publicouse a resolución do 24 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

CATALOGO PLAN REPENSA II - 2018

Estas pensando en emprender? xa podes visualizar o catálogo do Plan Repensa II. Nel atoparás os negocios en funcionamento que están a piques de pechar por xubilación e que podes retomar. Vótalle un ollo!

FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL (PROGRAMA APROL-ECONOMÍA SOCIAL)

A Consellería de Economía Emprego e Industria deseña o PROGRAMA APRO-ECONOMÍA SOCIAL para a facilitar a incorporación das persoas desempregadas ou traballadoras temporais como socios e socias traballadores e traballadoras ou de traba­llo nas cooperativas ou sociedades laborais galegas, ao considerar as distintas fórmulas de autoemprego colectivo como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais e fixación de man de obra produtiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

PROGRAMA DE FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade, os homes maiores de 45 anos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónnoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de
bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais.

AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMENINO

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesora-mento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Categorías